Friday 26 de April de 2024

A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu onte o espectáculo ‘Un verso, Un cantar’


A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu onte a posta en escena da obra Un verso, Un cantar. A sesión, que se desenvolveu con apoio da Fundación Xosé Neira Vilas, trasladou á vintena de asistentes á época da Emigración Galega a través deste espectáculo de Queiman e Pousa.
A obra, ambientada no século XX, mesturou poesía e canción nunha proposta cultural que fai a súa particular homenaxe á Emigración Galega. Creadores tan recoñecidos da nosa literatura como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Neira Vilas tiveron o seu propio espazo neste completo espectáculo que fusionou teatro, canto e música.
Un verso, Un cantar presentouse, así, como unha obra próxima, tanto polo sentimento transmitido a través de cada escena, como pola novidade do formato presentado. Deste xeito, presentouse a identidade da cultura galega dende unha perspectiva diferente e tomando como referencia plumas destacadas da literatura galega.